O programa de reportaxes da Televisión de Galicia “Vivir aquí” despide o ano con distintas reportaxes arredor das festas e cotillóns propias das datas. A vestimenta, as uvas, o cava e as sorpresas de última hora estarán presentes neste espazo que visitou distintos recantos do país para coñecer in situ varios establecementos que se dedican con moita antelación a levar a cabo os preparativos para a noite máis agardada: a derradeira do ano . “Vivir Aquí” tamén fará un resumo de parte de todo o percorrido durante 2016, á vez que aproveitará para felicitar as pascuas.