O mapa económico galego está inzado de pequenas e medianas empresas, pero tamén de auténticos xigantes que dan traballo a milleiros de persoas e con gran facturación. Baixo o título ‘Eu traballo nun xigante’, “Vivir Aquí” fala de empresas galegas destacadas da industria da alimentación, do aluminio, da industria naval e da conserva.Para este percorrido polas grandes empresas galegas, o espazo visita Navantia, Cortizo, Vegalsa, Calvo e CLUN, e fala cos seus empregados para intentar saber como é traballar nun xigante destas características.