Aínda que de xeitos diferentes que outros anos, o Nadal nótase nas rúas de vilas e cidades, e tamén no comercio. Se hai lugares que rebulían nestas datas son os centros comercias, pero este ano mesmo aí se nota a pandemia. Visitamos un dos de máis sona de Galicia para saber como se están organizando. Porque as portas das grandes áreas comerciais loitan por abrirse á poboación baixo o certificado de máxima seguridade e protección para garantir as necesidades de consumo.