Vivir Aquí súmase á celebración do Día das Letras Galegas cun programa especial dedicado á figura de Carlos Casares, á importancia da súa obra literaria e a súa dimensión pública, política e institucional. O programa recupera do arquivo algunhas das declaracións que permiten coñecer o lado máis persoal de Casares a través de lembranzas e anécdotas contadas por el mesmo. Dende os primeiros anos da posta en marcha da Televisión de Galicia, a súa presenza en entrevistas e programas deron pé a que o escritor rememorase moitos momentos da súa vida: os veráns da súa infancia en varias aldeas da Limia, o paso polo seminario, como coñeceu a súa muller, a participación en faladoiros como a de Vicente Risco ou o trato que mantivo con Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Torrente Ballester. En definitiva o programa realiza un percorrido biográfico contado polo propio autor.