Índice de contidos 00:00 SUMARIO 01:44 Mundo galego 06:50 Real Banda Gaitas Ourense 13:17 Páramo Pictures 18:09 Música tradicional con Aikirindo 24:25 Digocho eu na escola 29:44 O cine en galego en Clac 'Vivir Aqui' especial  por mor da celebración das Letras Galegas, dedicado á lingua e á cultura galega con exemplos de empresas e particulares que fan da súa defensa unha característica propia. Como a tenda Mundo Galego de productos agroalimentarios etiquetados en galego e que definen país. Ou o labor de preservación da música tradicional que fai a Real Banda de Gaitas de Ourense, ou a formación Aikirindo de Monforte. Ou o dúo Páramo Pictures, que fan versiósn galeguizadas de grandes éxitos da música actual. Outro exemplo de defensa da lingua é o labor que fai o programa da Galega Dígocho eu, con gran éxito nas escolas. Finalmente tamén se recolle neste especial o aporte do cinema galego recente, como a película O que Arde, á difusión e preservación do noso idioma.