O programa busca xente que vive en paz co medio ambiente e busca o relax fóra do balbordo das cidades. En Galicia, hai unha chea de lugares idóneos onde adoptar este estilo de vida rural que, paulatinamente, vai medrando en adeptos.   O equipo de reporteiros visita unha familia que construíu a súa casa á conciencia, con moi baixo consumo de enerxía e na que os materiais empregados proceden de industrias limpas. Tamén unha tenda onde venden só produtos ecolóxicos e unha granxa que hai tres décadas comezou con trinta vacas frisonas procedentes do Canadá e que conseguiu medrar practicando a agroindustria ecolóxica.