O programa de reportaxes da Televisión de Galicia “Vivir aquí” ofrece na entrega deste sábado unha escolma con cinco exemplos de mulleres galegas que dirixen empresas innovadoras. O lado positivo da crise é que sacou o mellor de moitas persoas para crear seu propio modelo de negocio.  Deste xeito, as reportaxes amosan unha empresaria que comercializa produtos procedentes da agricultura ecolóxica, unha fotógrafa artística, e unha muller que se meteu a fondo na industria da reciclaxe. No apartado téxtil podemos ver galegas que se dedican ao deseño e outras que buscan para as roupas dos nenos un segundo uso, facilitando así a moitas familias o acceso a estes bens.