Emprendedoras co acento na conservación ambiental. Contamos a historia de "Cool Stripe", un local inaugurado en plena pandemia na Coruña dedicado á moda sostible feita en Galicia. Empezaron coa venda en liña, pero o éxito da súa proposta animounas a abrir un local físico. Nel ensínannos a súa primeira colección de outono-inverno. A súa é unha aposta polo comercio de proximidade en tempos do auxe do comercio virtual a través das grandes plataformas mundiais.