Un equipo da USC investiga o impacto da COVID no Camiño de Santiago creando unha ferramenta de traballo imprescindible para a planificación da temporada das peregrinacións. Durante o verán analizaron variables como a nova capacidade de carga e de acollida nas circunstancias actuais, así como a aparición de novos perfís de peregrinos. A Cátedra do Camiño de Santiago afondará no influxo da crise sanitaria nos distintos camiños da ruta xacobea.