O dez de novembro celébrase o Día Mundial da Ciencia, unha palabra que , no medio desta pandemia, está sendo máis usada que nunca. O investimento en ciencia e o feito de que as solucións a esta e outras doenzas veñan sempre da man da ciencia, lévannos a analizar qué se está investigando en Galicia, da man do Centro de Investigacións Científicas, que ten a súa subsede galega en Santiago de Compostela.