Índice de contidos 01:45 Na procura das herbas de San Xoán 14:39 A queima da cabra vella 26:18 O menú do San Xoán Vivir aquí céntrase na celebración do San Xoán e as tradicións que rodean esta festa con tantos seguidores en Galicia. De festa pagá relacionada coa chegada do verán pasou a festa enxalzada pola Igrexa a través da santificación do San Xoán. Hoxe en día está caracterizada por tradicións relacionadas coa natureza, coa comida e co lume: recoller as herbas de San Xoán para lavar a cara coa auga aromatizada durante a noite; facer, bailar e saltar arredor dunha fogueira e, como non, comer sardiñas, churrasco e beber moito viño.