Coñecemos distintos xeitos de poñerlle banda sonora a un día moi especial. A música é esencial nunha voda, tanto na cerimonia coma na festa, e hai opcións para todos os gustos e petos. Cambia cos tempos e as modas e adáptase a novos costumes. Hai quen prefire música clásica, o ritmo dunha orquestra ou mesmo unha tuna.  Neste programa de músicas de voda, “Vivir Aquí” ofrece reportaxes cunha orquestra, un picadiscos, un grupo de versións, unha tuna e unha formación de música clásica.