As actividades formativas culturais, como as da tradición galega, estanse vendo moi limitadas polas restricións impostas por mor da pandemia do coronavirus. Os grupos de baile ou música tradicional adoitan ser numerosos, polo que as limitacións á reunión de persoas a grupos de 5 ou 6 supoñen un novo reto para estas agrupacións, abundantes en Galicia, e que achegan o noso folclore tradicional e moderno ás xeneracións máis novas.