Índice de contidos
00:00 As outras vacinas da nosa vida
12:04 Empresa covas de sal contra covid
20:18 Galicia fai testamentos
27:48 Programa Galicia Bonita
Neste programa facemos un repaso polas outras vacinas que forman parte da nosa vida desde hai décadas, vacinas que tamén teñen a súa historia e algunhas ademais pasaron por certa polémica cando se aprobaron.
A covid segue adentrándose a novos territorios, por exemplo o dos tratamentos respiratorios. Unha das novas opcións que chega a Galicia é a das covas de sal, unha proposta que xa funciona en Vigo e Oleiros e que abre novas posibilidades para recuperar pulmóns danados.
Outra consecuencia da actual pandemia, se cadra a máis dramática, é a maior presenza da morte e as súas consecuencias na sociedade. Constátano os notarios e todos os implicados na redaccion de testamentos. Repasamos as preferencias dos galegos neste sector.
Finalmente achegámonos a un dos éxitos desta temporada na Televisión de Galicia, o programa