Os cambios sociais que está provocando a pandemia do coronavirus van tan rápidos que a adaptación no está resultando nada doada, principalmente no eido laboral. Con todo hai quen está atopando novas vías laborais nesta situación, obrigados polas circunstancias. É o caso da Aula Desafío D'ocio, unha iniciativa de 6 empresas especializadas en actividades extraescolares que están traballando para ofertar ás familias novos xeitos de complementar a educación dos máis pequenos.