“Vivir Aquí” emprende unha viaxe pola historia coa visita a cinco dos trinta e sete castelos que se conservan en Galicia. Un deles é o castelo de Monterrei, que comezou a construírse no século XII e que foi incorporando novas edificacións como a Torre das Damas, a Torre da Homenaxe ou o Hospital de Peregrinos ata converterse no maior complexo defensivo da comunidade. Outra construción defensiva de referencia obrigada é o castelo de Santo Antón da Coruña, unha fortaleza construída á beira do mar no século XVI que foi tamén prisión e centro de corentena para os mariñeiros que chegaban á cidade con algunha enfermidade infecciosa. O programa lévanos ao castelo de Castro Caldelas, en que se produciu un dos acontecementos máis relevantes da Revolta Irmandiña e que, despois de estar durante séculos nas mans dos duques de Alba, hoxe acolle un centro cultural en que programan actividades para toda a comarca. De volta á provincia da Coruña, “Vivir Aquí” amósanos o castelo de Vimianzo, que tam