O programa fai un percorrido por algúns dos lugares que, coa chegada do verán, se atengan de xente.Como as festas de Coia, onde actúan o mesmo día orquestras tan coñecidas como a Panorama e o Combo Dominicano, e o o Atlantic Fest da Illa de Arousa. Tamén a praia do Silgar en Sanxenxo, onde custa atopar oco para poñer a toalla, e a rúa do Franco en Santiago de Compostela, onde se mesturan os que saen de viños cos turistas e peregrinos.Así e todo, no verán non sempre acompaña o tempo, polo que as cámaras do programa gravan unha alternativa aos días pouco soleados: ir de rebaixas por calquera centro comercial.