Neste programa volvemos falar, seis meses despois, e unha pandmeia polo medio, cunha serie de persoas maiores que viven soas nas zonas rurais. Son exemplos de como é a realidade das persoas maiores na actualidade, con moitos casos de maiores que viven sós, outros con asistencia para servizos, e todos intentando sobrevivir nun mundo que ainda non se artellou para atender con calidade a unha maioría de poboación envellecida. A súa situación empeorou coa chegada do virus.