O programa de reportaxes “Vivir Aquí” ocúpase da outra vida das cousas. Que pasa cun coche, unha neveira ou un moble cando un usuario se desfai del? O espazo aborda a cuestión con cinco reportaxes en que tratan a reciclaxe de electrodomésticos, coches, produtos orgánicos, mobles e mesmo vivendas.