A Porta Santa da Catedral de Santiago é dende principios do século XVI, o acceso máis popular da Catedral de Santiago, malia as súas modestas dimensións. Dá ao pequeno patio engadido no barroco na Praza da Quintana e só transitable cando se abre nos anos Xacobeos, como o 2021, tan esperado despois de once anos e que empeza no medio dunha pandemia mundial. Desde hai meses esta parte do conxunto catedralicio de Compostela estivo sumida nun proceso de arranxo e restauración que a deixou renovada. Falamos cos responsables destes traballos e achegámonos a este símbolo das peregrinaxes xacobeas.