Índice de contidos 02:13 A supervivencia dos pequenos portos 06:25 Vigo, a gran porta para valores engadidos 10:58 A Coruña, cruceirista e moito máis 15:05 Ribeira, o gran porto de baixura 19:27 Traballar na capital europea da pescada A serie da Tvg A Estiba está poñendo de actualidade o que pasa nunha vila ou cidade mariñeira que vive do seu Porto. Ó seu arredor hai unha morea de persoas que desempeñan un papel fundamental nunha cadea de labores que compoñen un lugar cheo de vida e de vidas. En Galicia hai 129 portos, 122 de titularidade autonómica e seis de titularidade estatal . En xeral todos están destinados a canalizar o que trae ou se extrae do mar, pero cada un ten as súas peculiaridades. Escollemos desde os máis grandes, como os de Vigo, líder en exportacións e peixe fresco ou A Coruña, líder en chegada de grandes cruceiros, ata os máis pequenos, como o de Bares, o máis antiguo de Galicia, moi dependente actualmente en canto a actividade deste do Barqueiro. Pero ta