Poñemos o foco neste VIVIR AQUI naqueles que por profesión e vocación se dedican a resolver situacións de emerxencia . Vémolos actuar cando nos accidentes, nos desastres naturais ou simplemente na vida cotiá dos galegos son precisos para salvar alguén en apuros. Por exemplo, durante os  últimos temporais en Galicia, nos que gran cantidade de profesionais se activaron para tratar de axudar á poboación a volver á normalidade.En Galicia os grupos de emerxencias máis numerosos están en Salvamento Marítimo, nos Bombeiros, en Protección Civil ou nos servizos médicos do 061.Pasamos con eles varias xornadas e comprobamos como se enfrontan continuamente a situacións moi complicadas e perigosas e como se preparan para elas.