Índice de contidos 02:00 Premio a 89 anos de traballo 07:05 Medio século de artesanía gastronómica 12:26 Pura, a modista cociñeira 17:42 Casa Varela: tradición, agarimo, futuro 22:28 Premiando a profesionalidade Este Vivir Aquí  está dedicado aos gañadores dos Premios da Gastronomía de Galicia Álvaro Cunqueiro que se entregaron a noite do 14 de febreiro deste 2020 nunha gala emitida pola TVG desde Lalín. Visitamos os 4 restaurantes premiados na categoría de 'Toda unha vida', o Mesón de Lázaro en Santiago, Casa Varela en Begonte, O restaurante Orella de Bande e Casa Laura en Poio, para coñecer os que levan varias décadas convertendo estes lugares en referentes da nosa cociña. Incluimos tamén os 3 premiados na categoría individuais: O restaurante Eirado da leña de Pontevedra, que recibe o premio ao profesional que máis se distinguíu na potenciación da cociña galega, a Empresa Frigoríficos Bandeira de Silleda, que recibe o premio á empresa que máis contribuíu á promoción da