Estas son as historias reais arredor das salas de festa de máis sona en Galicia. Sobreviven aquí porque temos unha longa tradición de celebrar e bailar en colectivo. Non é casualidade que aquí xurdan e traballen unha morea de orquestras que nos meses fríos do ano ano actúan a cuberto, precisamente en locais como os que visitamos neste VIVIR AQUÍ. Salas que leván varias décadas ofrecendo un espazo para aqueles que se criaron bailando e escoitando a música de sempre ou de temporada en directo.