Álex non foi consciente de que a súa vida profesional camiñaría por sendeiros aínda pouco transitados por homes. El non quería traballar en nada relacionado coa empresa e meteuse a estudar Maxisterio, onde descubriu o oficio da súa vida, e soubo cal era a súa vocación: traballar con nenos. Ademais, ofrecéronlle a posibilidade de continuar cunha paixón que estaba xa a piques de abandonar: a patinaxe artística.  A terceira xeración de xoieiros segue aínda funcionado en Ourense en El Cronómetro 1928. Comezou o avó en Cuba e hoxe o neto, Odilo, segue aínda facendo reloxos únicos no mundo. Pero ademais teñen un dos poucos laboratorios de España en que se certifica a calidade dos diamantes e seguen facendo aneis con técnicas artesanais. Jose, que traballou case toda a vida de informático e puxo en marcha unha escola da cociña para facer da súa paixón unha profesión. Así naceu iCook, un espazo onde todos se poñen aos fogóns: adultos, nenos e xente que nunca fritira un ovo.  En toda esta ave