O equipo de fútbol de Sarria ten en xogo o ascenso de categoría. O ano pasado descenderon e o presidente do club quere recuperar a división perdida para que a afección retorne ao campo. Por iso o presidente, Manuel Sangil, pediulle a Pablo, un socio de toda a vida, que falase cos xogadores. Sen pensalo previamente, Pablo prometeulles unha festa co Combo Dominicano se conseguían ascender, así que Sarria ferve con esta esperanza.  Santi é músico e cantante por devoción. Foi panadeiro e sancristán, pero a música sempre lle tirou. Traballou en varias formacións musicais e agora, aínda que xa xubilado, segue actuando en solitario alí onde o chaman porque recoñece que non sabería vivir sen a música. Alfonso Díaz é un cociñeiro sen restaurante cun lema claro: facer todo o que se propón. A pesar de que tivo que estudar por obriga, sabía que o seu camiño pasaba pola gastronomía. No ano 2000 é a única persoa no mundo que consegue o permiso do goberno australiano para poder meter aceite no país