Miguel traballa como ordenanza nos servizos sociais de Poio, pero en canto remata a xornada, a música ocupa o seu tempo. Desde ben pequeno, sentiuse moi atraído por esta “linguaxe universal”. Coa música, puido viaxar, coñecer xente e axudar os demais a través de proxectos benéficos. Vén coa súa nai Pura, que tamén canta e faino ás ordes do seu fillo nun coro do Combarro. Pero non é o único coro que dirixe Miguel: leva 25 anos á fronte da Casa Rosada de Poio, onde traballa, e nel está Beatriz, unha muller que di que Miguel “merece o ceo pola paciencia que ten”.  Teresa e Lolecha son xubiladas dunha das fábricas máis importantes que houbo en Galicia, Tabacaleira na Coruña. Hoxe en día conservan amizades e vínculos coas persoas coas que compartiron 50 anos de traballo. Viviron anos de cambios nos dereitos laborais e sociais das mulleres e foron pioneiras á hora de compaxinar a vida familiar, común neses tempos, co seu traballo. Actualmente recoñecen que a fábrica foi máis que unha famili