María e José Antonio, son veciños en Santiago desde hai 40 anos e agora que ambos están sos (ela divorciada, el viúvo e cos fillos de ambos independizados), atoparon un no outro a compaña que lles fai falta nos seus anos de madurez. Son un apoio o un para o outro e pasan todos os días xuntos, pero, pese ao que a xente pensa, eles son só amigos.  Suso Varela leva vinculado ao mundo das lambetadas desde que naceu. O seu pai, Pepe, dedicábase a distribuílas por toda Galicia e tiña un almacén en Santiago. Con 22 anos comezou a traballar na empresa do pai e, anos máis tarde, decidiu montar a súa propia tenda.  Pablo Méndez, que empezou na súa aldea, Rubiós, tocando na banda de música. Despois de pasar polos escenarios de televisión traballando de figurante e bailarín, e polo mundo da orquestra, decidiu empezar a andar o seu camiño. Acode ao programa desde Pontevedra para contar como é vivir para o espectáculo e os sacrificios que supón ser o mellor. Como se organiza para facer oito cabalg