Pepe é un dos tres únicos habitantes da illa de Ons. Xunto cunha parella que vive na illa todo o ano, forma toda a veciñanza. A súa muller, Isabel, tamén conseguiu co tempo gozar da vantaxes da illa, pero ela prefire vivir en Bueu. Pepe conta como se vive tendo que coller un barco para tomar un café. O seguinte convidado é de Negreira pero vén de Tui. Peke é o neno prodixio das verbenas. Toca o saxofón desde os 8 anos, subiu por primeira vez a un escenario con 12 e agora, tres décadas despois, é cantante e director da Orquestra Olympus. É un artista único e irreverente e está no programa para falar das múltiples anécdotas destes anos no mundo da música. Ademais, conta cunha sorpresa moi especial: a visita do seu sobriño Cristian.  Tamén visita o programa o xinecólogo coruñés Chema Ríos. Como médico, axudou a vir ao mundo máis de 3.000 bebés e foi tamén o primeiro en traer a Galicia as ecografías 3D e 4D. Pero fóra do mundo laboral, Chema Ríos é un home con moitas inquedanzas. Como afe