Juan, de Noia, é axente de seguros de día e drag queen de noite. Desde cativo herdou o amor da súa nai polo Entroido, pero non foi ata a maioría de idade que descubriu a súa gran paixón: disfrazarse de muller. Cos anos perfeccionou a súa afección e acabou gañando en dúas ocasións o Concurso Drag Queen de Noia. Todo isto grazas á axuda inestimable da súa nai.  Sandra é unha paya que vive e convive nun mundo de xitanos na Coruña. É cantante de flamenco, muller de xitano e viviu nas súas propias carnes o racismo por parte dunha sociedade pouco acostumada ás diferenzas. Os concertos do seu grupo, composto por payos e xitanos, son exemplo de integración e loita na que hai unha convivencia perfecta. Manuel e Nadia son veciños de Carballedo e comparten a súa paixón polos cabalos. Xuntos trouxeron unha nova disciplina a Galicia: o TREC. Con esta práctica fanse distintas probas en ruta co cabalo: de orientación para buscar tesouros agochados, habilidades do xinete, etc. Mentres o seu soño de