Uxía é unha gran Celestina co corazón roto que vén de Vilagarcía de Arousa. Malia que ennoivou moitos dos seus amigos, non conseguiu ningún home ao seu gusto. Nos 12 anos que leva viúva buscou parella por moitos medios: nas salas de festa, polas redes sociais ou por aplicacións de móbil. Despois de tantos intentos frustrados, vén probar sorte ao programa coas súas amigas Inés e Lupe. Dous amigos, que levaban 48 anos sen verse, reencóntranse en “Vivan as Tardes!”. Foi a mili no Sáhara quen os uniu no ano 1969. Julio, de Lugo, e José Manuel, de Madrid, lembran as experiencias no deserto cando tiñan 20 anos. Están acompañados de Roberto, de Ribadeo, que tamén fixo a mili en África. Outro dos convidados é Manuel, de Outeiro de Rei, que leva sendo zahorí desde hai 27 anos. O seu traballo consiste en atopar correntes de auga e para iso utiliza una técnica ancestral, pero di, 100% efectiva: unha vara de salgueiro. Iso si, para levar a cabo este oficio Manuel di que fai falla ter unha sensib