O estradense Amador Porta leva máis de 25 anos servindo polbo, churrasco, carne ao caldeiro ou carneiro ao espeto por toda Galicia. Quixo prosperar e montou o seu negocio cando aínda non tiña fillos. Hoxe dous deles e mais a súa muller traballan na polbería Porta, que ampliou o seu negocio ao mundo do catering para eventos de todo tipo. Desde que descubriu a disciplina positiva, a vida de Bibiana cambiou para sempre. Esta psicóloga madrileña, que acabou en Galicia por amor, traballa desde hai anos en aprender a pais, mestres e avós técnicas para que a convivencia nas casas sexa máis cómoda e educativa para toda a familia. A clave é pasar do castigo á comprensión sen caer no ‘boísmo’. Manuel, de Santiago de Compostela, leva 20 anos dedicado ao mundo do peiteado e, ao decatarse de que había poucas opcións para xente enferma, abriu o primeiro local de Galicia que ofrece perrucas a prezos competitivos e accesibles a todos e incluso un Banco de Perrucas para que a xente que non as necesit