Iván e Vanesa son blogueiros de moda e veñen desde Vigo para contar en que consiste o seu traballo. Ambos empezaron no mundo da moda por motivos moi diferentes. El por amor á moda, e unha familia chea de fotógrafos. Ela como terapia e axuda para superar os problemas de saúde.  Tamén está no programa David, da Coruña, que traballa nunha empresa familiar de paraugas xunto aos seus tres irmáns. Os seus avós Pedro e Teresa foron fundadores da empresa, a cal continúa de xeración en xeración. Outro convidado é Anxo Moure, un contacontos de Vigo que lles ensina aos nenos o valor da natureza, da solidariedade e do coidado do medio. Ten proxectos como a casa da árbore para contar contos ou a biblioteca nunha bici, moitos deles, ademais, con carácter solidario. Para sacalos adiante ten numerosos colaboradores, como Servando, que converte en cancións os contos de Anxo.  Pura é, aos seus 91 anos, todo un exemplo de independencia e vitalidade. Tivo unha vida intensa, de moito traballo e mesmo t