Pepe Casal é un nome propio dentro do baloncesto galego e nacional. Preparador físico de varios equipos e de varias seleccións españolas, polas súas mans pasaron lendas coma Pau Gasol. Agora, xa xubilado, segue dedicándose en corpo e alma á súa paixón, o deporte. O seu fillo Jorge Casal, cantautor, fala da outra paixón do seu pai: a música. Tras vivir en Madrid e traballar no sector inmobiliario, Gerardo decidiu cambiar a súa vida radicalmente e fundar a empresa Orballo, baseada na innovación e nos produtos da terra ecolóxicos, como plantas aromáticas, especias, infusións e ecoarroces. Acaba de presentar o primeiro té feito en Galicia e vén desde A Coruña presentalo. José, Julita e Merchi, tres veciños de Baio de 70 anos, volven á súa infancia no programa e contan coma era vida entón grazas á colección fotográfica conservada en Baio, que recolle momentos emocionantes para a vila coma a inauguración das escolas e o lavadoiro. Por último, “Vivan as Tardes!” recibe a visita dun atleta