O programa comezará con Miguel e Maria Eugenia, un galego e unha colombiana que durante dous meses só falaron por teléfono ata que decidiron encontrase na comunidade galega. Así foi como ela se converteu na raíña de Escabia. O espectadores do espazo das tardes tamén coñecerán a Ignación, que con moita forza de vontade conseguiu superar a súa adicción. E por último, o programa falará do amor incondicional dunha familia cando a desgraza sacode aos seus membros. É o caso de Adrián, que se converteu na sombra de Luis Miguel e estarán hoxe no programa para contalo todo.