Visitan o programa persoas que mudaron de oficio cara a ámbitos completamente diferentes. Como Anjhara, unha muller que traballaba de avogada e o deixou todo para ser reposteira. A convidada falade como deixou a avogacía para traballar no antigo forno da súa avoa. Fernando é un home que tras xubilarse decidiu emprender e converterse en latoeiro, un oficio case desaparecido na actualidade. Un construtor de Teo é outro dos exemplos, posto que este convidado realiza agora innovadoras creacións con árbores mortas. “Vivan as Tardes!” ten a súa parte musical da man de Tony Pérez, cantante durante toda a súa vida en Los Arquinos.