“Vivan as Tardes” recibe un humorista de Santiago de Compostela, Xacobo Paz, que non só se dedica a facer rir senón que tamén está implicado en temas moito máis serios. A música é  tamén parte importante no programa, posto que dúas cantantes dos Satélites, unha das orquestras máis míticas do panorama galego, falan das súas experiencias. O “Vivan as Tardes!” adéntrase no mundo dos animais coa explicación de dúas emprendedoras. Rosi ten un tanatorio para mascotas e Paloma, un hospital veterinario equipado coas últimas tecnoloxías. E, seguindo coas mulleres emprendedoras, visita o espazo unha creadora e deseñadora de artefactos innovadores tamén para mulleres.