“Vivan as Tardes” recibe un home que foi albanel e cantante a partes iguais. Arturo, procedente de Marrozos, en Santiago, repartiu a súa vida entre o andamio e o palco. Belén, unha muller de Ferrol que celebra os aniversarios de voda vestíndose de noiva, está tamén presente no programa para contarlles aos espectadores as motivacións que hai arredor deste orixinal costume. Outro dos convidados Quique, que é orixinario de Santiago de Compostela, achega unha idea para non desperdiciar produtos. E, desde Redondela asistirá David, un fan de Michael Jackson que ten na súa casa un santuario dedicado ao seu ídolo.