Un coñecido da TVG e da Radio Galega, Octavio Villazala vén a Vivan as tardes! para falar do seu hotel para mascotas. Un establecemento, instalado en Oza dos Ríos, que ten jacuzzi e todos os luxos imaxinables. Con el está María, a dona dunha desas mascotas privilexiadas. Os mércores de feira en Castro de Rei ninguén perde os callos de Rosana, María Jesús e Manuel, que visitan o programa. E tamén Carmen, filloeira maior. Por último, Lulú e Dionisio, que veñen dende Pazos de Borbén, contan a súa historia, son unha parella que se namorou a golpe de labazada, deulla ela a el.