“Vivan as Tardes!” conta coa presenza de Alejandro, que toca a harmónica en Los Bohemios, un grupo peculiar formado por xubilados, que chegan desde Vigo e que cantan no programa. Belén vén desde A Coruña; é unha nai que desde hai 22 anos acolle na súa casa nenos de familias desestruturadas. Ademais, coñecemos unha parella, tamén da Coruña, que son como a noite e o día. Carmen é puro humor e Alberto máis cortado. Ambos os dous contan como lles vai xuntos. Finalmente, asisitimos a unha cata de aceite galego a cargo de Avelino, procedente de Castrelo de Miño.