Desde Becerreá vén a “Vivan as Tardes!” José Luís, un solteiro maduro que quere deixar de selo. Vaino aconsellar Pilar, unha viúva do Milladoiro que non quere saber nada de homes. Tamén sentan no sofá do programa Manolo e Pepe, que teñan como oficinas as rúas de Santiago de Compostela para uns traballos de moita tradición. Victoria vén desde Cambados para contar como foi toda unha vida dedicada ao mar, primeiro como mariscadora e agora como guía turística da zona. E Antero, de Ourense, fala do traxe tradicional galego porque non só é costureiro, senón tamén un grande investigador.