Teresa e José Manuel contan a súa historia de amor en 'Vivan as tardes'.  Esta parella de Castro de Rei fixo do baile a súa paixón e os seus alumnos adóranos.  Outro convidado é Paco Gallego, un estilista ourensán que nos amosa trucos para lucir ben guapos. De Poio chega unha saga familiar dedicada á gastronomía, con Estrella Michelin. O pai chámase José e o fillo, Pepe.  Finalmente, programa conta coa presenza de  Christian Escuredo, do Barco de Valdeorras, un bailarín e actor que triunfa polo mundo co espectáculo “Priscilla, a raíña do deserto”.