A Álex un xogo de maxia infantil converteuno en mago profesional. Outro xoguete infantil cambiou a vida doutro Álex: un acordeón foi a semente do músico que é hoxe. Con el vén súa tía Pilar, fan incondicional. Con Pepi o destino tamén fixo maxia: pasou do ordenador á muxidora por cousas da vida. O problema foi sacar leite do ubre dunha vaca. Pili Pampín fala con esta urbanita que agora non deixaría os campos da Limia por nada do mundo. E máxico é sempre o amor porque cada historia ten o seu truco. No caso de Eno e César o entusiasmo case fai que César tragase o seu anel de compromiso ao darlle un grolo a unha copa.