“Vivan as Tardes!” conta coa presenza dun cura moi especial, o padre Alfonso, que canta e baila na misa e que revoluciona toda a parroquia mesturando chistes nos sermóns. Con el veñen dúas freguesas que ao principio se escandalizaron coa súa chegada. Dúas irmás futbolistas profesionais e unha muller boxeadora cambiaron os esquemas nas súas casas. Como viven as súas familias estas afeccións vano explicar Jessica, Jenni e Marta. E, por suposto, os seus pais, que están con elas no sofá do programa.  Dunha cita a cegas, con confusión incluída, naceu unha relación que acabou en voda. É o caso de Ana e Andy, que lle van contar a Pili Pampín estes simpáticos comezos.