Dúas mulleres moi xeitosas que buscan parella acoden a “Vivan as Tardes”. Virtudes e Sinda van contar que requisitos piden, pero tamén as súas virtudes e os seus defectos. Outro convidado é Félix, o único sobrevivente dun accidente que está acompañado da parella de gardas civís que o axudaran naquel momento. Por último, o espazo da TVG dá conta de que a vocación non sabe de idades. Manuel levaba un cantante dentro, pero a timidez impediulle soltarse diante da xente. Agora recupera o tempo perdido cantando aquí e acolá.