A Gerardo botárono do piso onde vivía coas dúas fillas pequenas e a muller enferma. Na compaña da única persoa que o axudou, chega a “Vivan as Tardes!” para contar a súa historia. Federico, o seguinte protagonista, deixou o traballo e trasladouse a mil quilómetros por amor a Eva. Os dous sentan no sofá do programa con Pili Pampín para contar como foi a experiencia. Finalmente, “Vivan as Tardes!” recibe a visita de Cristina, que axudou moito e non se sente recompensada, o que a levou a non fiarse de ninguén. Esta tarde vén ao programa cunha amiga que dá a súa opinión.