As mulleres das hortas de San Sadurniño visitan “Vivan as Tardes!”. Maruxa e Consuelo, que superan os 60 anos, fixéronse youtubeiras para ensinarlle á xente nova a ter unha horta xeitosa e os espectadores van ver que experimentos fan.Ademais, o programa ten dous grandes exemplos de solidaridade. O de Pilar, que dedica o seu tempo ás persoas necesitadas, e o de Chus, que cada ano fai as míticas ceas e comidas de Nadal para a xente que non ten compaña.Por outra parte, as presentadoras Yolanda Vázquez e Pili Pampín están con Esther e Samuel, que se uniron por unha gasolineira. A parella conta a súa peculiar historia e que en pouco tempo casan.