Os espectadores do programa “Vivan as Tardes!” han rir a fartar con Carmen, a muller máis festeira e con máis picardía de Chantada, que mesmo lle contou chistes picantes a un bispo. E rirán tamén con Lola, toda unha artista con 85 anos.Andrea e Jacobo, outros dos protagonistas desta tarde, namoráronse nun rally. E, si, o deles tamén foi un amor veloz. E iso que a Andrea non lle gustaba o tipo de Jacobo. Hoxe cóntalle a Pili Pampín se co tempo lle atopou atractivo. Por último, o espazo da TVG amosa a historia de Sally e Mónica, que teñen que enfrontarse cada día a homes que non as deixan realizarse plenamente no seu traballo. Ambas as dúas comentan as súas experiencias.