Paulo deixou o seu país porque quixo e ao chegar aquí tíñalles medo ás mulleres brancas. Con el vén Samuel, un amigo que seguramente lle axudou a superar ese temor. O programa tamén recibe a visita de Aaron, que é un campión no deporte e na vida. A súa nai, Rosa, di que se meteu no boxeo para botar fóra a rabia causada por acontecementos que lle foron ocorrendo. Ademais, están Marga e Manuel, que eran dous seres solitarios e tristes. As ondas da radio fixeron maxia e a alegría entrou nas súas vidas. Manuel, que era viúvo, está convencido de que a súa primeira muller lle mandou a Marga desde o ceo.