“Vivan as Tardes!” ten como protagonistas a Suso e Fede, un percebeiro e un lingüista que logo foron actores, e a Maruxa, unha labrega que aos 81 fai anuncios publicitarios. Tamén acompañan a Pili Pampín Mari Carmen, que se sente  culpable por transmitirlle ao seu fillo Lorenzo unha enfermidade renal ultrarrara, e Tony, que é transexual e é o “Principiño” da súa muller, Bea.